Campións do Certamen Internacional de Bandas de Música “VILLA DE ARANDA”

O 30 de agosto cerrabamos a XXIII edición do Certamen Internacional de Bandas de Música “VILLA DE ARANDA” cun concerto cheo de emoción, nervios e sorrisos. Hoxe recibimos, coa mesma emoción, a noticia do noso PRIMEIRO PREMIO 🥇🎶, como gañadores do certame cunha nota de 9,85.

Queremos darlle tamén as grazas e parabéns ao noso director, Mateo G. Naval, por todo o seu traballo que se veu reflexado no premio a MELLOR DIRECTOR DO CERTAME 🎉🥇

Dar tamén os parabéns a todas as bandas que participaron no certame e, en especial, aos compañeiros e amigos da Banda Municipal da Estrada polo seu 3º Posto 👏👏

Para nós non só é o posto no certame, senon todo o traballo de cada un dos músicos, a impecable organización por parte do certame, e a ledicia de ter con nós a todos os que nos escoitan e apoian. A MÚSICA NON PARA!!❤️🎶