Premio Martín Codax da Música de Bandas de Música Populares

A Artística de Merza foi galardoada co Premio Martín Codax da Música de Bandas de Música Populares, organizado pola Asociación Músicas ao Vivo.

Este premio pertence a tod@s @s músic@s que formaron e forman parte da Arística nos seus 192 anos de historia, así como a todos os integrantes da escola de música, nais e pais de alumn@s, e como non ao pobo de Merza, o cal da nome e cuna a esta agrupación, a cal presume de ser «A lingua do seu pobo».

Cabe destacar que é un éxito para as bandas de música populares que se integre nestes premios a categoría de Bandas de Música Populares, sendo un recoñecemento ao traballo que se leva a cabo dende elas, tanto a nivel formativo, social e cultural.

Moitas gracias a tod@s.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *